CRTVG

Buscar

Investigan unha denuncia por violación no Carballiño

Publicado o 06/02/2020 13:51

Segundo denunciou a muller, a agresión sexual tivo lugar a madrugada do sábado pasado na súa vivenda do Carballiño, despois de que o home a acompañara ata a súa casa. Alí, segundo relata, o home violouna e despois desapareceu sen deixar rastro.

Despois do acontecido, a muller conseguiu pedir axuda e denunciar os feitos antes de ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Alí foi atendida e recoñecida por un médico e aplicóuselle o protocolo establecido para os casos de agresión sexual.

Os investigadores da Garda Civil que se fixeron cargo do caso tomáronlle declaración á vítima e andan na procura do presunto agresor. As pescudas seguen o seu curso e están, polo de agora, baixo segredo, á espera de novos datos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2020