CRTVG

Buscar

Investigan unha denuncia por violación na praia de Riazor

Publicado o 07/10/2019 14:29

A Policía Nacional da Coruña abriu unha investigación para esclarecer un suposto delito contra a liberdade sexual.

Supostamente, aconteceu na madrugada do sábado ao domingo, na praia de Riazor. Unha moza comentáballes aos axentes da Policía Local que non lembraba con claridade o que pasou nin como chegou ao areal. Pero ao parecer, si puido sinalar un sospeitoso.

Se se confirman os feitos, sería a segunda denuncia de agresión sexual nun mes, despois de que o pasado 6 de setembro, un home de 32 anos fora detido pola violación dunha moza de 18 anos no monte de San Pedro.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/10/2019