CRTVG

Buscar

Investigan unha brutal agresión a unha muller no metro de Barcelona

Publicado o 05/02/2020 15:19

Investigan a agresión a unha muller durante un intento de roubo no metro de Barcelona. As cámaras de seguridade recolleron o momento en que o ladrón intenta roubarlle o bolso á vítima dun tirón e faina caer ao chan.

A muller resístese a soltar o bolso e o agresor lévaa a rastro varios metros polo vestíbulo da estación. O ladrón, un mozo coa cabeza cuberta, dálle varias labazadas e patadas.

A policía autonómica está visionando outras cámaras de seguridade para tratar de identificar e deter o agresor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2020