CRTVG

Buscar

Un home foi detido en Foz por unha presunta violación

Publicado o 16/04/2019 19:27
Un home foi detido en Foz por unha presunta violación

A Garda Civil investiga unha agresión sexual en Foz. A denuncia presentouna unha veciña da vila, despois de que a encontrara un amigo a carón dun coche e con algúns golpes. A muller non lembraba nada do sucedido durante a noite. Os informes médicos confirmaron a agresión sexual e a Garda Civil investiga agora se lle subministraron algunha substancia á vítima que puidera anular a súa vontade para poder abusar dela.

A fiscalía non pediu prisión, polo que quedou en liberdade con medidas cautelares de prohibición de aproximación e comunicación coa vítima e retirada do pasaporte por prohibición de saír do país. 

Presunta violación en Carral

Doutra banda, un home foi detido o pasado xoves por unha presunta agresión sexual rexistrada en Carral na madrugada do 6 de abril, nos baños públicos dun local de copas. O detido pasou a disposición do xulgado de instrución número 3 de Betanzos, que decretou o ingreso en prisión provisional.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2019