CRTVG

Buscar

Investigan un veciño de Nogueira de Ramuín que deixou morrer 41 ovellas e cabras

Publicado o 16/04/2018 21:02

A Garda Civil investiga un veciño de Nogueira de Ramuín como presunto responsable de abandonar nunha nave de Piñor  41 ovellas e cabras ás que deixou sen auga e comida ata que morreron.

Cinco mastíns que estaban tamén na explotación acabaron comendo os seus cadáveres. Foron os veciños da vila os que deron a voz de alarma ao ver os cans soltos pola zona e con evidentes signos de desnutrición. O dono da nave, que reside no País Vasco, nada sabía do que estaba a acontecer, xa que este home supostamente só tiña acceso ao lugar para limpar e coidar as instalacións. Xa prestou declaración ante os axentes, pero a investigación continúa aberta. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018