CRTVG

Buscar

Investigan un tiroteo en Barcelona en que un home quedou ferido leve

Publicado o 08/09/2021 16:48
Investigan un tiroteo en Barcelona en que un home quedou ferido leve

Os Mossos investigan o tiroteo que houbo esta noite na localidade Sant Adrià de Besòs.

De momento, aínda se descoñece se a ducia de disparos que se escoitaron saíron todas da mesma parte ou se foi un intercambio de tiros.
O incidente produciuse contra as nove da noite no barrio da Mina, onde ultimamente se suceden as situacións de violencia.

No tiroteo quedou ferido nun brazo un home que foi trasladado ao hospital.

Noticias web

08/09/2021