CRTVG

Buscar

Investigan un profesor na Costa da Morte por incitar aos alumnos ao consumo de drogas

Publicado o 02/07/2019 14:25

A Garda Civil de Viamianzo impútalla a un docene dun cenro educativo da Costa da Morte delictos contra a saúde pública e falsidade documental por manter conversas a través de redes sociais con alumnos sobre o consumo de drogas e temas de índole sexual.

Segundo informa o Instituto Armado, os feitos remóntanse a marzo cando a Garda Civil, dentro dos contactos habituais que mantén cos centros educativos, foi informada de que se presentaran queixas na dirección dun dos centros nas que se facía constar "a mala praxis dun profesor".

A denuncia recollida a través do centro facía referencia a que un docente que facía funcións de susbstituto no centro "creara un grupo de WhasApp cos seus alumnos, cun contido que incluía imaxes e conversas nas que se facía referencia e apoloxía do consumo de substancias estuperfacentes, así como conversas de índole sexual", puntualiza a Garda Civil.

No marco das investigacións, o axentes tiveron acceso ás conversas mantidas entre ese profesor e os alumnos, polo que puido comprobar "a veracidade das mesmas e a existencia de material adiovisual compartido". "Nalgúns vídeos, o docente amosaba supostos alumnos doutros centros nos que exercera, fumando substancias psicotrópicas na súa vivenda", asegura a Garda Civil.

Este comportamento non só se producía vía redes sociais, explica a Garda Civil, senón que o profesor "durante as horas lectivas establecía conversas de índole sexual cos menores e chegaba a expoñer a posibilidade  conseguirlles bebidas alcólicas e marihuana, como manifestaba que fixera cos seus anteriores alumnos", engade.

Ante "a gravidade dos feitos investigados", a Garda Civil solicitou a colaboración da Consellería de Educación da Xunta de Galicia para ter acceso aos diferentes centros nos que exercera a docencia. Os investigadores mantiveron contacto con eses centros, "repartidos polas catro provincias galegas", destaca a Benemérita, que engade que, "en todos eles, a súa estancia fora moi curta por diferentes baixas laborais". 

Non obstante, nun centro situado na provincia de Lugo manifestaron que no seu día alumnos expuxeran ao profesorado "incidencias similares", sosteñen as mesmas fontes.

Do mesmo xeito que no centro da Costa da Morte, cando a dirección abría unha investigación, o profesor ausentábase alegando diferentes baixas médicas. Por iso, "ante a similitude no seu comportamento", relata a Garda Civil, "indagouse sobre a orixe das mencionadas baixas médicas" e observouse "incongruencia en vairas das mesmas".

TRas contactos con diferentes centros hospitalarios, algún deles de Asturias, chegouse a comprobar a "falsidade dalgún dos xustificantes". 

Finalmente, o posto da Garda Civil de Vimianzo procedeu a investigar ao docene por supostos delictos contra a saúde pública e falsidade documental.

O Código Penal cualifica como delicto "promover, favorecer ou facilitar o consumo ilegal de drogas tóxicas, recordan as mesmas fontes, considerándose un agravante que eses feitos "sexa realizados por un docente ou educador en exercicio da súa profesion".

As investigacións mantéñense abertas ante a posibilidade de que poida haber máis menores de idade afectados.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019