CRTVG

Buscar

Investigan un pontevedrés detido tres veces por saltar o confinamento

Publicado o 10/04/2020 14:28

Investigan un veciño de Pontevedra ao que colleron circulando sen causa xustificada en tres ocasións durante o estado de alarma.

O home, de vinte e seis anos de idade, ía nunha furgoneta e a última vez detivérono nas aforas da cidade. Como era a terceira vez, a Garda Civil abriulle unha investigación penal por un presunto delito contra a orde pública. O caso xa está no xulgado de garda.

Lembren que está prohibido facer viaxes non autorizados e que durante toda a Semana Santa proseguen os controis de estrada en modo reforzado.

Noticias web

10/04/2020