CRTVG

Buscar

Investigan un intento de violación durante as festas en Huelva

Publicado o 02/08/2019 19:51

A Policía investiga un intento de violación durante as Festas Colombinas en Huelva. Unha moza de 20 anos denunciou a un varón de 25 por unha presunta agresión sexual despois de que unhas persoas deran coa vítima ferida nunha zona arborada. O investigado ingresou hoxe en prisión comunicada e sen fianza despois de que se lle tomara declaración no xulgado de garda. A moza foi atendida no Hospital Juan Ramón Jiménez e o seu estado é bo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/08/2019