CRTVG

Buscar

Préndelle lume á casa tras discutir co fillo en Paderne, Betanzos

Publicado o 10/08/2018 14:05

A Policía Xudicial de Betanzos investiga as circunstancias en que se produciu o incendio dunha casa no concello de Paderne.Os poucos datos oficiais do suceso, proporcionados pola Garda Civil, indican que o lume o ocasionou un home tras discutir co seu fillo. Os dous foron trasladados ao hospital con queimaduras leves.Segundo información recollida no lugar, a casa mercouna meses atrás un home, ao parecer,  orixinario da Rioxa e andaban en obras de reforma no interior.Ao incendio, acontecido onte á tarde no lugar de Gas, acudiron efectivos do parque de bombeiros de Betanzos e de Protección Civil de Paderne.    

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018