CRTVG

Buscar

Investigan un home en Vigo que ofrecía cartos a menores para que o acompañaran

Publicado o 13/08/2019 09:55
Investigan un home en Vigo que ofrecía cartos a menores para que o acompañaran

A policia identificou en Vigo un home que lles ofrecía cartos a menores para que o acompañasen. Localízárono nas inmediacións dun hotel do centro da cidade. Varios menores que estaban onte no Marisquiño denunciaron a actitude dun home que lles ofreceu 500 euros se ían con el. Non era, ao parecer, un feito illado. Despois de que os rapaces se negaran a acompañalo, o home achegouse a un grupo de rapazas. A policia solicita a colaboración cidadá para localizar outras posibles vítimas que o queiran denunciar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019