CRTVG

Buscar

Investigan un home no Milladoiro pola venda de xoguetes falsos

Publicado o 13/04/2019 20:20

No Milladoiro, a Garda Civil investiga un home pola venda de xoguetes falsificados nun bazar.
A investigación iniciouse tras a denuncia dunha muller. Comprara varios xoguetes coleccionables. Decatouse de que non eran os orixinais e tratou sen éxito de que o vendedor lle devolvese os cartos. Tras a inspección do local os axentes detectaron máis xoguetes do mesmo tipo tamén falsificados que xa foron retirados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019