CRTVG

Buscar

Investigan un cura de Allariz por abusar sexualmente da súa sobriña

Publicado o 03/12/2019 13:42

Investigan un párroco de Allariz que presuntamente abusou sexualmente da súa sobriña. O bispado de Ourense apartouno cautelarmente do sacerdocio en canto transcendeu a denuncia.

O cura ten 51 anos, e segundo declarou a vítima, filla dun irmán, fíxolle tocamentos continuos durante varios anos. El negou os feitos ante a xuíza e aceptou a orde de afastamento imposta.

Este caso coñécese meses despois de que o bispado de Ourense afastara outro cura tras ser denunciado por un rapaz menor de idade.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019