CRTVG

Buscar

Investigan un condutor que ía a 148 km/h nun tramo limitado a 50 en Pontevedra

Publicado o 21/12/2020 14:36

En Pontevedra investigan un condutor que case triplicaba a velocidade de circulación permitida e que ademais ía baixo os efectos da drogas. 

Os radares móbiles da Garda Civil detectaron a infracción. O condutor do vehículo case triplicaba a velocidade permitida nunha vía interurbana. Nun tramo limitado a un máximo de cincuenta, conducía case a 150 quilómetos á hora. 

Os axentes identificárono, presentaron denuncia e agora enfróntase a unha pena de entre tres e seis meses de prisión, unha multa de seis a doce meses e a privación de conducir dun a catro anos.

O exceso de velocidade é un dos principais factores de risco nos accidentes non só para os responsables tamén para o resto de usuarios.

O condutor tamén deu positivo na proba de drogas que lle realizaron os axentes, polo que foi denunciado administrativamente. Á espera da confirmación da analise en laboratorio, esta infracción levaría parella unha sanción de 1.000 euros.

Noticias web

21/12/2020