CRTVG

Buscar

Investigan un asistente a domicilio de Lugo como autor de roubos nas casas dos pacientes

Publicado o 12/07/2018 14:13

En Lugo investigan un mozo que traballa como asistente a domicilio como o presunto autor do roubo de xoias e cartos nas casas dos pacientes que coidaba. A policía recuperou parte dos artigos roubados nunha tenda de compravenda. O caso xa está en mans do xulgado.

O investigado é un mozo de 27 anos empregado dunha empresa de axuda a domicilio. O seu 'modus operandi', aproveitaba a confianza gañada ás familias para cometer os roubos. Foi unha das clientas da empresa a que poñía a primeira denuncia. Contratara este servizo para axudar nas tarefas da casa e no coidado do seu home, enfermo dependente. 

O mozo prestaba asistencia a domicilio a enfermos e dependentes nunhas 23 casas. Polo menos en seis delas notaron a desaparicion de xoias, obxetos de valor e cartos. Moitos declinaron pór denuncia porque parte deste artigos foron recuperados pola policía en tendas de compravenda. 

O rapaz, aínda que foi citado en comisaría, non quixo prestar declaración. Ao tratarse de delitos leves de furto, non foi detido, pero o caso xa foi trasladado ao xulgado, onte terá que comparecer como o presunto autor dos roubos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018