Investigan un suposto caso de malos tratos nun colexio de Peñíscola
Publicado o 27/06/2019 09:29
Posible caso de malos tratos nun colexio público de Peñíscola, en Castellón. Nas últimas horas, a directiva deste centro de ensino público presentou a súa dimisión.
A Fiscalía investiga o caso dende hai meses, a raíz dunha denuncia presentada por catro monitoras do servizo de comedor. As traballadoras relataron supostos abusos, insultos e agresións ao alumnado de infantil por parte doutros monitores da empresa concesionaria.