CRTVG

Buscar

Investigan se intentaron raptar unha moza de Noia subíndoa a un coche

Publicado o 18/01/2018 13:29
Investigan se intentaron raptar unha moza de Noia subíndoa a un coche

A Policía Xudicial de Noia (A Coruña) investiga unha denuncia presentada por unha moza despois de que un vehículo a parara onte. Os seus ocupantes, un deles con pasamontañas, invitárona a subir en repetidas ocasións.

A rapaza, asustada, fuxiu correndo en dirección contraria ao vehículo, que seguidamente continuou a marcha, tal e como informaron fontes da Garda Civil, que tratan de pescudar máis detalles sobre o ocorrido.

Segundo a denuncia, o vehículo detívose onte pola mañá á altura da Ponte de San Lázaro de Noia. Segundo as mesmas fontes, en principio non se pode considerar un intento de secuestro, pero a Policía Xudicial iniciou unha investigación respecto diso.

 O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, destacou a actuación "rápida e eficaz" da moza ao fuxir e presentar unha denuncia.

 

 

Noticias web

18/01/2018