CRTVG

Buscar

Investigan se unha rapaza menor de idade foi drogada durante unha festa en Verín

Publicado o 14/08/2019 17:41
Investigan se unha rapaza menor de idade foi drogada durante unha festa en Verín

A Garda Civil investiga se unha rapaza menor de idade foi drogada durante unha festa en Verín a fin de semana pasada.
A moza, de dezaseis anos, chegou á casa sen lembrar nada do que acontecera, mareada e con vómitos. A familia levouna a un centro de saúde e puxo unha denuncia. No recoñecemento médico descartouse unha violación. Agora investigan se sufriu algún abuso sexual, xa que a moza ten amnesia temporal. Tamén buscan rastros dalgunha droga das que non se detectan nas primeiras análises, que deron negativo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019