CRTVG

Buscar

Investigan se un veciño de Chantada lle meteu un balazo a unha cadela

Publicado o 01/12/2019 21:50

O animal está no hospital veterinario de Lugo, con feridas graves

As imaxes sobrecollen pola súa dureza. Foron uns veciños de Carballedo os que gravaron os feitos no mediodía de sábado en Soilán do Monte. Circulaban polas inmediacións cando viron unha cadela asustada e escoitaron un disparo. Ao baixar do coche atoparon un home armado cunha escopeta de caza, que arrastraba o animal polo pescozo. O home, que supostamente disparou o animal, e que dixo selo seu dono, non fixo caso cando lle recriminaron a súa actitude.

As redes sociais e os medios de comunicación reproduciron hoxe o vídeo do maltrato que padeceu unha cadeliña de Chantada por parte dun cazador quen, despois de supostamente dispararlle un tiro, arrastrouna durante máis de cen metros tirando dela cunha corda. A intervención dun cidadán logrou evitar que o home rematase ao animal con outro disparo.

Non puideron mirar para outro lado. Son cidadáns comprometidos, os valentes que pararon o seu coche e se enfrentaron a un home armado que supostamente intentaba matar unha cadela a golpes e disparos.

Este é o vídeo do home arrastrando a cadeliña. Deseguido chegou a garda civil e a policía local. Deseguido chegou a garda civil e a policía local e comporbaropn que a cadela parira hai tres semanas e que tiña seis cadeliños. Inmediatamente chamaron a un veterinario de Chantada.

Na clínica de Mario permanecen os seis cadeliños. A mamá está no hospital Rof Codina e o seu estado é grave. A asociaición asturiana Mundo Vivo vaise persoar como acusación particular neste caso e van presentar mañá a denuncia.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí