CRTVG

Buscar

Investigan se os roubos de Seat León en Ferrolterra están vencellados con asaltos cometidos nos últimos días

Publicado o 04/03/2020 14:05

Na noite do domingo ao luns desapareceron en Ferrol, Narón e Neda tres coches Seat León. Dous foron recuperados e xa llelos devolveron aos donos, pero un vermello que o propietario deixara aparcado na avenida de Xubia, en Neda, aínda non foi localizado. Fontes da investigación sospeitan que puido ser o que utilizaron os ladróns no asalto a varios establecementos hostaleiros na provincia de Lugo antonte.

Que os delincuentes teñen debilidade por este modelo de coche non é unha lenda urbana. Hai estatísticas que certifican que o 19 % dos coches roubados en España son deste modelo e os delincuentes elíxeno porque é rápido para fuxir, sobre todo as versións máis potentes e porque xa teñen dominada a técnica de abrilos e desbloquear o motor.

En Internet mesmo teñen ao alcance ferramentas coma esta que son de gran axuda para este fin.

Non sempre, pero moitos destes coches que foron roubados para cometer asaltos e fuxir, adoitan aparecer logo sen apenas estragos.

Noticias web

04/03/2020