CRTVG

Buscar

Investigan se os restos atopados en Barbadás pertencen a Nerea Añel

Publicado o 14/09/2020 21:31

Dúas persoas que paseaban por este lugar dos Muíños, unha aldea abandonada do concello de Barbadás, toparon os restos este domingo. Tras avisar ás forzas de seguridade, comezaron as pescudas.

A Garda Civil investiga se pertencen a Nerea Añel, unha moza de 27 anos que desapareceu o pasado mes de xaneiro. A súa pegada perdeuse nun motel situado a escasos catrocentos metros. Na súa contorna, a Policía Nacional levou a cabo un rastrexo con cans en febreiro. A súa nai facía un chamamento este verán para que o seu caso non caera no esquecemento.

A nai agarda agora con impaciencia os resultados da autopsia. Mentres, a Garda Civil mantén abertas todas as hipóteses.

Noticias web

14/09/2020