Investigan se no crime de Oza-Cesuras participou unha segunda persoa
Publicado o 31/03/2021 14:32
Novidades na investigación do crime de Oza ocorrido nese concello coruñés o pasado mes de xaneiro. A Garda Civil contempla a posibilidade de que o presunto asasino da muller de 33 anos que apareceu tiroteada na súa casa tivese un cómplice.
Segundo un informe policial, no pixama que levaba posto a vítima no momento en que faleceu dun disparo na caluga atoparon a pegada dun zapato. O único acusado polo crime permanece en prisión preventiva desde o mes de xaneiro.