CRTVG

Buscar

Investigan se houbo prevaricación no informe de Patrimonio Nacional sobre os bens de Meirás

Publicado o 30/04/2021 15:14
Investigan se houbo prevaricación no informe de Patrimonio Nacional sobre os bens de Meirás

Novo xiro xudicial sobre o pazo de Meirás. Unha xuíza de Madrid investiga a xefa do Servizo de Conservación de Patrimonio Nacional, autora do informe que apuntaba que moitos mobles e obxectos do pazo pertencen ao Estado.

A familia Franco denunciouna por prevaricación, estafa, falsidade e revelación de segredos. Cren que se extralimitou ao presentar un ditame, carente de documentación, que o xulgado non pedira e que filtrou intencionadamente á prensa, din os herdeiros.