CRTVG

Buscar

Investigan se hai máis vítimas da rede que presuntamente prostituía menores en Ourense e Santiago

Publicado o 29/03/2021 13:25
Investigan se hai máis vítimas da rede que presuntamente prostituía menores en Ourense e Santiago

Continúa aberta a operación contra a rede que prostituía menores. A Policía Nacional de Ourense sospeita que podería haber máis vítimas de trata de mulleres novas despois da detención de tres persoas que presuntamente captaban rapazas fugadas de centros de menores para poñelas a exercer a prostitución.

Os axentes investigan quen é o proxeneta cabeza da rede, o que supostamente en Santiago de Compostela recibiu e deu instrucións a unha das rapazas captadas en Ourense por un dos detidos. A Policía Nacional considera que está ante un grupo criminal con ramificacións noutras localidades.

Noticias web

29/03/2021