CRTVG

Buscar

Investigan se é viable o uso de vigas de caixón feitas con eucalipto

Publicado o 02/10/2017 22:22

Investigar se é viable o uso de vigas de caixón feitas con eucalipto en forxados de construción. Iso é o que quere demostrar unha empresa madeireira de Lugo que recibiu unha subvención europea para realizar a investigación.

Os milleiros de eucaliptos que cobren boa parte de Galicia poderían ter un novo uso máis aló da pasta de papel. Unha empresa madereira de Lugo estuda se é posible utilizar vigas de caixón en forxados e como construilas. O proxecto está financiado pola Unión Europea e ten a particularidade de que todo o deseño se fai por ordenador. É decir, os usos e características son sempre simulados na realidade virtual e non se fai ningunha proba con eucaliptos de verdade.

Máis aló dos resultados concretos desta investigación, o certo é que o modelo de traballo que utiliza pode marcar o futuro do día a día nas empresas de transformaciòn da madeira.

No proxecto participa tamén a Universidade de Santiago a través Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural. Precisamente o uso da madeira galega en estruturas é unha das apostas de futuro da empresa. Proba dos novos usos que se pretende dar o eucalipto é esta cuberta do campus lugués feita íntegramente con esa madeira así como outras construcións previstas na cidade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2017