CRTVG

Buscar

Investigan se a nai das dúas nenas asasinadas en Xirona as matou cunha aixada

Publicado o 14/12/2019 20:38

Segundo día de loito oficial en Vilobí d'Onyar, en Xirona... Unhas 200 persoas concentráronse este sábado para condenar a morte das dúas nenas de 5 e 6 anos, presuntamente a mans da súa nai.
Os seus veciños gardaban un minuto de silencio en memoria das falecidas.

A alcaldesa do municipio confirmaba que as nenas non estaban escolarizadas e que no concello non había ningún expediente aberto por axudas sociais nin supostos malos tratos.
"Onte só sabiamos que non estaban escolarizadas no noso municipio. Hoxe sabemos que non estaban escolarizadas e que recibían educación non sei se oficial ou non, regulada ou non. O que sabemos é que recibían educación na casa". "Non hai ningún expediente aberto nin de axuda social, nin de malos tratos, en ningún departamento", asegurou Cristina Mundet, alcaldesa de Vilobí d'Onyar

As pequenas foron atopadas polo seu pai no domicilio familiar.
Fontes dos Mossos d'Esquadra aseguraron que polo estado en que atoparon a vivenda onde tivo lugar o crime, non teñen ningunha dúbida de que se trata dunha morte violenta grave.
Alí encontraron unha aixada, coa que pensan, que a nai presuntamente puido cometer o dobre asasinato. A muller falecía no hospital despois de tirarse dunha ponte sobre a autoestrada AP-7 e ser atropelada por un camión.

Noticias web

14/12/2019