Investigan posibles casos da variante india en Vigo nun gromo nun barco amarrado
Sanidade estuda un gromo da covid-19 na tripulación nun barco amarrado no porto de Vigo. Investígase se é da variante india, moi contaxiosa. Investígase se é da variante india, moi contaxiosa.
Máis da metade dos 22 membros da tripulación que viaxan a bordo do buque proceden da India, polo que preocupa que poida tratarse desta variante. Os expertos advirten dos riscos desta cepa moi estendida no país asiático.
Polo momento, son cinco as persoas contaxiadas a bordo, unha delas permanece ingresada nun hospital da cidade. Insisten os expertos na importancia de aumentar os controis nas fronteiras.
Toda a tripulación está confinada no buque, que permanece atracado no porto. O barco, con bandeira de Singapur, chegou a Vigo para realizar unha operación de carga de vehículos que quedou paralizada ao detectarse o gromo.
Nas próximas horas coñecerase o resultado das probas que se están a analizar no Servizo de Microbioloxía do hospital álvaro Cunqueiro e que determinarán o tipo de variante.