CRTVG

Buscar

Investigan por un delito contra a seguridade viaria o condutor dun aparatoso accidente en Palmeira

Publicado o 08/06/2020 14:38

Seguro que lembran o aparatoso accidente da semana pasada en Palmeira, cando un condutor perdeu o control do seu vehículo e acabou envorcando sobre outros tres turismos. Por sorte, non houbo mortos nin feridos graves, pero hoxe sabemos que o mozo que ía ao volante deu positivo no test de alcoholemia cuns resultados de 0,61 e 0,57 miligramos de alcohol por litro de aire expirado, máis do dobre del máximo legal. Está acusado dun delito contra a seguridade viaria. 

 

 

 

Noticias web

08/06/2020