Investigan por que morren tantos peixes no río Lérez, en Pontevedra
Publicado o 05/05/2020 14:26
A Garda Civil investiga unha mortaldade de peixes no río Lérez, en Pontevedra. Foron localizados na desembocadura do río, entre a ponte do ferrocarril e a praia fluvial.
Coa colaboración do Servizo Marítimo da Garda Civil, o Seprona inspeccionou o treito superior do río e tomou mostras para a súa posterior análise. Polo de agora non atoparon ningún tipo de vertedura tóxica.
Non se desbota que a mortaldade, que denunciara a Asociación pola Defensa da Ría, se producise por unha causa natural, como a baixada repentina da salinidade da auga.









