CRTVG

Buscar

Investigan por homicido imprudente o condutor implicado nun accidente de Cerdedo

Publicado o 25/12/2019 11:39

O condutor implicado nun accidente en Cerdedo en que morreu un taxista a fin de semana pasada vai ser investigado. A Garda Civil abriu dilixencias por un posible delito de homicidio imprudente, porque o condutor de 27 anos conducía baixo os efectos do alcol.

Por outro lado, os axentes confirmaron que a morte do taxista, de 51 anos, se produciu cando bateron contra el cando intentaba incorporarse nun cruzamento. O home fora trasladado ao hospital Montecelo de Pontevedra e falecía ás poucas horas, ao non resistir as feridas causadas no sinistro.

A Garda Civil está pendente dos resultados do laboratorio para a proba de drogas e poder completar a investigación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2019