CRTVG

Buscar

Investigan por homicidio imprudente unha soberina implicada nun accidente mortal en Sarria

Publicado o 01/10/2019 20:58

A Garda Civil imputou, en calidade de investigada, unha veciña de Sober de 29 anos como suposta autora dun delito de homicidio imprudente.

O pasado mes de xuño, a muller estivo implicada nun accidente mortal. Nunha recta con boa visibilidade e condicións meteorolóxicas favorables, realizara un xiro á esquera para saír da vía co seu coche cando bateu frontalmente contra unha motocicleta que circulaba no outro sentido. Como consecuencia do impacto, falecera o motorista.

A persoa investigada foi posta agora a disposición xudicial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019