CRTVG

Buscar

Investigan por delito ambiental tres furtivos reincidentes detidos en Poio

Publicado o 23/12/2019 14:33

A Audiencia de Pontevedra ordenou investigar como delito ambiental un caso de furtivismo reiterado. Trátase de tres persoas sorprendidas tres veces en menos dun mes no concello de Poio.

Este auto corrixe a decisión do Xulgado de Instrución que decidira arquivar a denuncia presentada pola Policía Local de Poio. O Tribunal pontevedrés baséase en que as cantidades incautadas superan os topes legais autorizados e considera que pode tratarse dunha conduta delituosa.

A decisión foi ben recibida entre os mariscadores e os corpos e forzas de seguridade que perseguen os furtivos xa que, case todos os casos, quedan en simples sancións administrativas que os infractores non chegan a pagar por declararse insolventes.

Noticias web

23/12/2019