CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Investigan pagos á familia Kirchner a través dunha compañía sen actividade

Publicado o 22/02/2017 21:33

A xustiza arxentina investiga o pago de cheques millonarios á ex-presidenta Kirchner e a súa familia por parte dunha financeira sen actividade. O diñeiro iría a nome da inmobiliaria Los Sauces, propiedade dos Kirchner, que está a ser investigada por un suposto delito de lavado de cartos.

A familia ex-presidencial, con Cristina Fernández de Kirchner á fronte, volve a estar no ollo do furacán.

A Xustiza investiga como unha empresa sen actividade puido xirar ata 24 cheques por valor de 2,3 millóns de pesos aos kirchner en concepto de alugueiros que, ademais, se solapaban cos efectuados por outros empresarios afíns ao kirchnerismo como Cristóbal López ou Lázaro Báez.

A financeira Solvencia Crediticia SA, declarada inactiva pola xustiza ao non presentar movementos nin balances, alugaría en varias ocasións un dúplex propiedade dos Kirchner no luxoso barrio porteño de Puerto Madero.

Operacións realizadas entre 2009 e 2011, mentres Fernández de Kirchner era presidenta, e que se cerraron coa inmobiliaria Los Sauces, dirixida polos fillos da ex-mandataria e que está a ser investigada por un presunto delito de lavado de cartos.

A xustiza quere determinar a orixe do diñeiro e ver se pode estar relacionado cunha rede de branqueo cara o exterior de diñeiro procedente, presuntamente, dos sobrecustos da obra pública arxentina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

22/02/2017