CRTVG

Buscar

Investigan un concesionario do Condado por unha suposta estafa de 1,5 millóns

Publicado o 05/09/2021 21:27

Investigan unha fraude millonaria nun concesionario da comarca do Condado. A Garda Civil cre que os donos pediron máis dun cento de créditos a nome de antigos clientes sen que estes soubesen nada.

Nos xulgados de Ponteareas van ter que comparecer dous veciños da comarca do Condado acusados de presuntos delitos de falsidade documental e estafa. Ao parecer, puideron apropiarse de case un millón e medio de euros. Os dous homes rexentaban un concesionario de compra e venda de vehículos e utilizaban os datos persoais e financeiros de antigos clientes para solicitar préstamos a entidades bancarias e despois apropiarse deses cartos.

Os afectados, en total 119, decatábanse do acontecido cando lles chegaba a reclamación do banco por un préstamo que nunca pediran. Agora será o xulgado o que determine se hai ou non xuízo.

Noticias web

05/09/2021