CRTVG

Buscar

Investigan os contactos dos vacinados que deron positivo nunha residencia de Burela

Publicado o 06/01/2021 14:40

Dúas persoas vinculadas cunha residencia de maiores de Burela deron positivo nas últimas probas PCR que lles realizaron. Trátase dunha ordenanza e dun usuario do centro. Ambos foran vacinados a semana pasada coa primeira dose da vacina contra a covid, pero os expertos lembran que unha dose non chega e que non se pode baixar a garda ante o coronavirus nin caer nunha sensación de falsa seguridade.

Todo apuntan a que se puideron contaxiar con anterioridade, sen amosar ata agora sintomatoloxía ningunha. A traballadora, que está ingresada no Hospital da Mariña, reside en Viveiro, onde hai neste momento un importante gromo, mentres que o residente é das persoas maiores que adoitan saír pasear fóra do centro.

Os especialistas inciden na importancia de vacinarse para protexerse contra o virus e evitar mortes, pero lembran que non se acada a inmunidade ata unha semana despois de recibir a segunda dose.

 

Noticias web

06/01/2021