CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Investigan os beneficios da hormona do crecemento no dano cerebral

Publicado o 01/06/2013 14:53


A fundación Foltra traballa desde hai unha década na recuperación do dano cerebral. Os estudos empezan con células, seguen con animais pero o obxectivo son eles, os pacientes que perderon habilidades cognitivas ou motoras. Algunhas investigacións apuntan que a hormona do crecemento podería estimular a producción de neuronas.
O director da Fundación Foltra, Jesús Devesa, confirma que a hormona esóxena coopera coa endóxena para producir neuronas que reparan o dano cerebral.
A aplicación desta hormona a animais permitiu obter unhas primeiras conclusións que unha das directoras do estudo presentou hoxe en Santiago.
Margarita Heredia afirma que cando a hormona se aplica xusto tras a lesión, obsérvase recuperación no déficit motor das ratas.
Este tratamento combínase con outros medicamentos e cun traballo de rehabilitación integral.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí