CRTVG

Buscar

Investigan o xefe e dous traballadores da pirotecnia polo incendio nos coches de Bouzas

Publicado o 09/10/2019 13:59

Un xuíz de Vigo investiga o xefe dunha pirotecnia e dous traballadores polo incendio que afectara 70 coches en Bouzas. A causa séguese por un presunto delito de danos por imprudencia grave. O incendio producírase o 19 de xullo. O xuíz citará eses tres homes vencellados coa pirotecnia que lanzou os fogos artificiais nas festas do barrio, e que supostamente provocaron o lume.

A conclusión do informe da Garda Civil apunta que un só foguete ocasiounou o incendio, tras coarse polo compartimento do motor dun dos coches. Posteriormente produciuse un remuíño de lume que se estendeu ao resto dos vehículos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019