Investigan o vídeo duns mozos que entraron de noite no pazo de Fefiñáns e realizaron estragos
Publicado o 13/10/2021 13:25
A Garda Civil investiga o contido dun vídeo en que dous mozos presumen dos estragos causados no pazo de Fefiñáns, de Cambados. Aproveitaron a escuridade da noite para entrar no recinto, catalogado como ben de interese cultural.
Así arranca este vídeo colgado en YouTube, en que un grupo de mozos aproveitan a escuridade da noite para entrar no pazo de Fefiñáns. O protagonista relata a peripecia que se propoñen facer.
Pero antes de comezar esta aventura nocturna, recoñece que algúns estragos causados no pazo son obra deles. O contido do vídeo está a ser agora analizado pola Garda Civil, xa que o pazo de Fefiñáns é unha propiedade privada e está catalogado ademais como Ben de Interese Cultural.