Detido tras intentar ocultar o cadáver da súa muller en Tenerife
Publicado o 20/07/2020 19:07

A Garda Civil investiga como crime machista o asasinato dunha muller en Tenerife. Os axentes detiveron a exparella da vítima, un home a quen están interrogando. O home intentou ocultar o cadáver. Ten antecedentes por violencia de xénero e ademais tiña unha orde de afastamento da vítima. De confirmarse, este caso elevaría a 24 o número de mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas no que vai de ano.
Máis sobre Sucesos
15/01/2021 22:36