CRTVG

Buscar

Investigan o pai e un tío detido do bebé hospitalizado en Valencia por cocaína e cánnabis

Publicado o 08/08/2019 11:49
Investigan o pai e un tío detido do bebé hospitalizado en Valencia por cocaína e cánnabis
A Garda Civil investiga o pai e detivo a outro familiar do bebé de Bétera que ingresou o pasado domingo no hospital La Fe de Valencia intoxicado por cocaína e cánnabis. A Consellería de Igualdade e Políticas Inclusivas da Generalitat Valenciana asumiu a tutela do menor.
A Garda Civil investiga o sucedido co bebé, de 15 meses, que non presenta lesións e xa non se atopa hospitalizado no centro, segundo fontes do instituto armado, que non concretaron os delitos que se lle atribúen ao detido e ao investigado.
O domingo pasado, a nai do bebé levou a urxencias do hospital o neno, ao velo decaído e con somnolencia. A nai explicoulles aos facultativos que dous días antes o seu fillo caera accidentalmente, polo que presentaba un golpe na cabeza, e outras dúas semanas atrás, tamén caera e golpeárase na fronte cun moble.
A familia non mencionou que puidese inxerir algunha substancia estupefaciente. Con todo, as probas toxicolóxicas que lle practicaron ao bebé reflectiron a presenza de cocaína e cánnabis nos ouriños.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí