CRTVG

Buscar

Investigan o incendio nunha nave de reciclaxe en Mos

Publicado o 02/08/2019 12:47

A Garda Civil investiga as causas do incendio que se produciu nesta empresa de Mos dedicada á reciclaxe de residuos. As lapas comezaron nunha cinta transportadora e a rápida actuación dos bombeiros evitou que se estenderan máis aló do foco do lume. As tarefas foron complicadas. A empresa, de grandes dimensións, estaba chea de fume.

Evitar a propagación foi clave xa que nesta nave se traballa con material moi inflamable e preto da zona afectada había moito almacenado. Controlado o lume, os bombeiros tardaron corenta minutos en extinguilo. Retiraron os residuos cunha pa e refrescaron o inmoble. No momento dos feitos non había actividade nin persoal nesta nave na que funcionaron os sistemas de extinción.

Haberá que agardar os resultados da investigación para determinar a orixe do lume. Segundo os responsables da empresa, o incendio non lles impediu hoxe retomar a súa actividade con normalidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/08/2019