CRTVG

Buscar

Investigan o detido por presunta violación en Beasain por outras cinco agresións

Publicado o 21/07/2019 12:50
Investigan o detido por presunta violación en Beasain por outras cinco agresións

O home de 34 anos de idade que foi detido este pasado venres como presunto autor da agresión sexual sufrida por unha muller na localidade guipuscoana de Beasain o pasado día 13, continúa en dependencias policiais e probablemente sexa posto mañá luns ao dispor do xuíz, segundo informou o Departamento vasco de Seguridade a Europa Press. Unha muller denunciou o pasado sábado ser vítima dunha agresión sexual en Beasain. A policía vasca deu inicio así a unha investigación que culminou o venres coa detención do presunto autor dos feitos na localidade de Lazkao. O arrestado continúa este domingo en dependencias da Ertzaintza á espera de ser posto nas próximas horas ao dispor da autoridade xudicial. Así mesmo, a Policía vasca continúa traballando no caso e está a investigar ademais a posible implicación do individuo noutras agresións sexuais ocorridas na zona no pasado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí