CRTVG

Buscar

Investigan o atropelo intencionado nun control policial ás aforas de París, que deixou dous axentes feridos

Publicado o 28/04/2020 21:09

En Francia, atropelan dous policías que facían un control na rúa. Ocorreu ás aforas de París. Un coche levou por diante os axentes e fuxiu. Pouco despois detiveron o condutor. O home ten antecedentes por violencia, pero non está fichado polos servizos secretos.

A Fiscalía Antiterrorista investiga se o caso é da súa competencia. Pero polo de agora non se dá nada por seguro. Un dos axentes feridos está grave.

Noticias web

28/04/2020