Investigan o asasinato dun informático vasco que quedara por Internet cunha muller
Publicado o 02/10/2019 21:09
A Garda Civil busca en Zaragoza dúas persoas sospeitosas de roubar e asasinar un informático vasco, desaparecido o 6 de setembro. O corpo apareceu este domingo. Atopouno un labrego nun campo de cultivo.
Segundo parece, a vítima quedou cunha muller a través de Internet para pasar a fin de semana e xa non se soubo máis del. A Garda Civil ten indicios de que a muller apareceu con outro home e entre os dous matárono, enterrárono e despois venderon o vehículo tamén por Internet. Esa venda foi a que permitiu descubrir o sucedido.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí