CRTVG

Buscar

Investigan en Murcia unha denuncia de violación a 3 mozas de EEUU en Noitevella

Publicado o 02/01/2020 12:21

A violación tivo lugar, segundo denunciaron as vítimas, nunha vivenda do barrio murciano de Santa Eulalia. Alí vive unha das irmás que está estudando en España. As outras dúas viñeron pasar uns días e celebrar o aninovo. As tres tiñan billete de volta aos Estados Unidos para o día seguinte á agresión. Segundo consta na denuncia, as tres rapazas, de 18, 20 e 23 anos subiron á casa acompañadas por tres mozos, aos que coñeceran antes nun bar. Unha vez na vivenda, foron violadas e unha delas, a máis nova tamén foi golpeada. Tras presentar a denuncia, pasaron o correspondente exame médico. A policía espera a coñecer os resultados das análises de ADN para identificar os autores da violación.