CRTVG

Buscar

Investigan dúas persoas polo caso do envío masivo de recibos de auga falsos en Mos

Publicado o 27/06/2019 14:12
Investigan dúas persoas polo caso do envío masivo de recibos de auga falsos en Mos

As pescudas da Garda Civil levaron á toma de declaración a dous integrantes da Comunidade de Montes de Tameiga. Trátase dun traballador que puido levar os 5.000 sobres a Correos e outro membro do colectivo. O primeiro declarou que se limitou a trasladar as cartas.

A investigación iniciouse en maio tras detectarse o envío dos recibos, en que se informaba aos usuarios das traídas veciñais que unha empresa, ficticia, cargaría nas súas contas unha cantidade de cartos de entre 300 e 500 euros. O Concello emitira unha información urxente na que sinalaba que non enviara ningún recibo a domicilio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/06/2019