Investigan dous homes por uns incendios en Vilariño de Conso, un deles queimou 817 hectáreas

Investigan dúas persoas sospeitosos de causar dous incendios en Vilariño de Conso, segundo informou a Garda Civil. Trátase de dous homes de 19 e 33 anos que residen nese concello ourensán e están acusados de prender lume na zona por presuntas "desavinzas en materia de caza", xa que integrantes da comunidade de montes levaran a cabo a segregación dos terreos cinexéticos Tecor por motivos económicos.
O incendio máis importante foi detectado o pasado 13 de setembro na parroquia de Sabuguido, en Vilariño de Conso, e calcinou unha superficie de 817 hectáreas, dentro de espazo protexido da Rede Natura 2000. O lume iniciouse nunha zona con gran pendente e tiña catro focos diferentes. O forte vento que soproba favoreceu a rápida propagación das lapas.
Os investigadores sospeitan que outro incendio foi o rexistrado o 7 de setembro na mesma zona. A investigación prolongouse durante oito meses e contou coa participación da Garda Civil.