CRTVG

Buscar

Investigan como crime machista a aparición do cadáver dunha muller nun maleteiro en Valencia

Publicado o 31/08/2020 16:21

Tamén en Valencia investigan como crime machista a aparición do cadáver dunha muller con sinais de violencia no maleteiro dun coche.

A vítima, de 33 anos, levaba desaparecida unha semana despois de discutir co seu noivo. El estaba en paradoiro descoñecido dende entón e deu versións contraditorias aos seus amigos.

O círculo da muller xa esperaba o peor despois de recibir estrañas mensaxes dela en que dicía que marchara de casa porque estaba farta do noivo, pero na súa vivenda estaban todas as súas pertenzas.

 

Noticias web

31/08/2020