CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Investigan as pintadas nos petróglifos de Pé da Mula, en Sabaxáns

Publicado o 17/04/2017 14:08




O Concello de Mondariz e Patrimonio da Xunta investigan as pintadas nos petróglifos de Pé da Mula, en Sabaxáns. Os gravados rupestres de hai 4.000 anos, declarados Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia, foron repintados con xiz. Algo que a normativa prohibe.

Malia o difícil acceso e o afastados que están, alguén entrou no recinto dos petróglifos de Pé da Mula, en Sabaxáns, e repintounos con xiz. Algo que está prohibido pola lei.

Para a súa correcta visualización os petróglifos débense contemplar a primeira hora da mañá, ou a última do serán. Se cadra o autor das pintadas, quixo facilitar a súa observación.

Os petróglifos de Pé da Mula son dos máis importantes de Galicia, dos poucos que representan armas como as béstas, e teñen a consideración de Ben de Interese Cultural por parte da Xunta.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí