CRTVG

Buscar

Investigan as causas polas que un avión caeu ao río na Florida con 143 persoas a bordo

Publicado o 04/05/2019 20:06
Investigan as causas polas que un avión caeu ao río na Florida con 143 persoas a bordo

Na Florida, investigan as causas polas que se precipitou ao río Saint Johns un avión comercial procedente de Guantánamo con 143 persoas a bordo.

Ocorreu mentres tentaba aterrar no aeroporto de Jacksonville. Os servizos de urxencia lograron rescatar con vida toda a pasaxe. Unha vintena de persoas tiveron que recibir asistencia por feridas de carácter leve.

O avión, propiedade da Miami Air International, adoita trasladar membros do exército, familiares e persoeiros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/05/2019